OS MOVEMENTOS DE MARIE CHOUINARD

A coreógrafa canadense Marie Chouinard visitará Sevilla (25 e 26 de abril, Teatro Central) con  Mouvements e Gymnopédies, programa directamente inspirado nas obras do gran poeta e pintor Henri Michaux. A escrita de Michaux, atravesada polo surrealismo e pola asimilación da arte oriental, trasládase ao corpo dos bailaríns convertidos en expresivos trazos caligráficos.

Se queredes coñecer máis da creación de Chouinard, aquí veredes un amplo extracto da súa peza máis coñecida, bODY_rEMIX/gOLDBERG_vARIAIONS.

O SILENCIO DE DANIEL ABREU

 

– ¿Hay necesidad de algo más?
– No sé.
– Tú pasas por mi vida pero no eres mi vida o al menos eso quiero creer.
– Mira, decía la abuela de Roberto: Pidamos que Dios no mande al cuerpo todo lo que es capaz de aguantar.

Silencio é unha peza-poema da Cia. Daniel Abreu. <<No es trabajo aislado esta nueva obra de Daniel Abreu y además de responder a la coherencia de ese lenguaje interpretativo y coreográfico que el artista viene desarrollando con gran congruencia desde hace años, certifica la evolución de todo aquello por lo que parece transitar su universo, directamente relacionado con entresijos y rincones, evidentes y escondidos, del ser humano>> según a crítica de Mercedes L. Caballero no seu blog, unblogdedanza, publicada o pasado 23/1/2014.

Daniel Abreu é un dos coreógrafos máis recoñecidos, poéticos e orixinais da escena española.

SOLO 4

Do laio cóncavo e convexo de Martha Graham ata a visión poética revisada de Carolyn Carlson para Tero Saarinen, pasando polo neoclásico exquisito, mollado e trigonométrico de Mats Ek e William Forsythe. Apañamos 4 solos asombrosos que  mudaron a forma de coreografiar. Visitádeos!

PINA NO PARQUE

jr_pina_bausch_nelken_accordion_alt_170

Velaquí a instalación de vídeo de Peter Pabst para un parque da cidade Wuppertal que inicia unha ampla retrospectiva no lugar onde a coreógrafa traballou coa súa compañía.

O traballo de Pabst é unha celebración da memoria coreográfica no espazo público para que a comunidade e os visitantes lembren as pezas de Pina Bausch a través de retroproxeccións nos ocos das fiestras dunha casa nun parque de Wuppertal.

Olla a videoinstalación!

URBAN RENEWAL DE KYLE DECAMP

Urban Renewal

Kyle deCamp investiga nas interseccións da arte, a historia e as experiencias individuais. En Urban Renewal reflexiona sobre o caótico crecemento da cidade de Chicago nos anos 60, sobre as políticas públicas, os edificios e as condicións de vida nese intre e lugar. Neste solo multimedia recupera, reconstrúe e mapea a muda da cidade como conta neste vídeo durante a súa residencia no BAC – Baryshnikov Arts Center.

MINIGUÍA VIRTUAL DA DANZA CONTEMPORÁNEA

estela

A danza contemporánea retrocede ata a invisibilidade. Oculta en exclusivos circuitos, desaparecida cos festivais e teatros abandonados pola crise. Asistimos asombrados á morte programada do sector escénico, e aínda descoñecemos moitas consecuencias, entre elas a emerxencia dunha escena virtual que percibimos a través de plataformas, redes sociais, comunidades e contenedores virtuais.

Ler o artigo completo Miniguía virtual da danza contemporánea na RTG – Revista Galega de Teatro Nº 75, verán 2013.

Foto vía racket.net

UBUWEB DANCE

ubuweb

Unha avalancha de contidos dixitais muda a mirada do espectador. Hoxe atopamos a danza nas redes sociais, nas plataformas, nas comunidades e contenedores virtuais. UbuWeb é un excepcional contenedor cultural cunha ampla sección dedicada á danza, chea de pezas imprescindibles (e completas!) de Pina Bausch, Carolyn Carlson, Trisha Brown, Mats Ek, Forsythe, Lin Hawai-min, Bill T. Jones ou Vandekeybus. En UbuWeb atoparedes horas e horas de inesquecibles pezas online.

SIMONE FORTI

Simone-Forti_1

Simone Forti (Florencia, 1935) presenta no Museo Reina Sofía  4 performances diarias. Coreógrafa representante da arte expandida que dinamitou as fronteiras e redefiniu as bases da arte contemporánea; pensa que “a improvisación non é fume no aire, fronte a idea popular. Hai unha estrutura e un desenvolvemento de estilo. É curioso, medio século despois a xente segue sen comprendelo”. A performances de Forti son as protagonistas da exposición 1961. La expansión de las artes que hoxe inaugura o museo madrileño.

ANNA THERESA DE KEERSMAEKER

 

Keersmaeker no MoMA

Anna Theresa de Keersmaeker (1960) nun recente ciclo de performances no MoMA. Coreógrafa belga discípula de Bejart, realizou unha tradución xestual da música repetitiva na escena. Keersmaker leva máis de trinta anos bailando coa súa compañía Rosas. As súas composicións matemáticas, o seu interese polas formas orgánicas e naturais, pola relación entre o movemento, o cine e o vídeo, están entre as marcas dunha estética austera e exquisita, indiscutible referencia para os coreógrafos do novo milenio.