O CORPO COMO INSTRUMENTO

Ruth St. Denis (1879-1968)  pertence a primeira xeración de coreógrafos históricos da danza moderna americana. Creou unha danza americana fortemente influenciada pola estética da arte oriental. Xunto a Ted Shawn abriu a escola Denishawn onde estudaron Martha Graham e Doris Humprey.

Cartaz deseñado por Jean Cocteau para os Ballets Rusos no 1911. Os Ballets Rusos dirixidos por Diaghilev integraron a danza clásica na escena moderna. Nas súas revolucionarias montaxes convivían as músicas de Chopin, Shuman, Stravinski, Satie e Falla; as escenografías de León Baskt, Ida Rubistein e Picasso, as virtuosas interpretacións de Anna Pavlova, Nijinski, Tamara Karsavina, Serge Lifar e Vera Fokina; e as anovadoras coreografías de Fokine, Nijinski, Massine, Bronislava Nijinska e Balanchine.

Isadora Duncan (1887-1927) foi a bailarina máis famosa do século. Incansable creadora, os seus escritos sobre o corpo, a danza, a escena e a educación foron esenciais para construir a “danza do futuro”.

Rudolf Von Laban (1879-1958) analizou e sistematizou o movemento e relacionouno científicamente coas emocións, as sensacións e as ideas.

Deixar un comentario